Gaiman e Henson reeditan ao Storyteller

154

A série antolóxica dos anos 80 de Jim Henson The Storyteller está lista para ter unha nova versión adaptada aos nosos tempos.

A Fremantle, a The Jim Henson Company e mais o escritor Neil Gaiman van unir as súas forzas para desenvolveren unha nova versión da mítica série inglesa de 1987, gañadora de vários prémios Emmy e BAFTA e que se inspirou na filla de Henson, Lisa, e nos seus estudos universitários sobre folklore e mitoloxía.

O mesmo Henson dirixiou moitos episódios do programa orixinal, que misturaba actores e monicreques, e contaba con guións do realizador gañador dun Oscar Anthony Minghella (The English Patient, The Talented Mr. Ripley). John Hurt puxéra-lle a voz ao narrador, un misterioso elfo que contaba contos baseados en vários mitos e lendas de orixe europea, aos que se lles engadían persoaxes místicos creados pols Jim Henson’s Creature Shop.

Gaiman será agora o responsábel de escribir os guións e xunto a Lisa Henson será o produtor executivo da nova versión, que tentará reproducir o mundo místico que combina contos de fadas e folklore, pero tendo en conta o noso mundo actual onde o habitual é ver todos os episódios dunha série seguidos dunha enchenta.

Ademáis a nova série investigará a história do mesmo Contador de Contos (o Storyteller), que seica comezou nun reino do norde onde os contos estaban prohibidos e o acto de contar un conto podía levar á xente ao cárcere ou á morte. A Fremantle tentará achegar-se a unha audiéncia o meirande posíbel e queren contar cun acordo cunha das grandes canles de distribución.