A Terra de Oz achéga-se á tele

672

A Legendary Entertainment está a desenvolver unha nova série de televisión baseada nas clásicas novelas da Terra de Oz escritas por L. Frank Baum.

Ed Ricourt (Jessica Jones) escribirá e producirá a série, que polo de agora ainda non conta cun título, e que seica está por pechar un acordo cun director. Os guións examinarán histórias e persoaxes dos libros que ainda non foran desenvolvidos e comezarán polo regreso dunha bruxa que levaba moitos tempo no exílio. O seu regreso causará medo, divisións e guerras no mundo máxico, cuxa única esperanza será unha nena servente que se podería converter na muller mais poderosa e perigosa de todo Oz.

A Terra de Oz é un país máxico presentado por primeira vez na clásica novela para nenos The Wonderful Wizard of Oz (1900) e está governado por un monarca e dividido em catro rexións: Quadiling ao sul, Munchkin ao leste, Winkie ao oeste e Gillikin ao norde. No centro está a Cidade das Esmeraldas, capital do Reino e ligada ás súas rexións pola famosa estrada das losas amarelas.

Dmitri M. Johnson e Stephan Bugaj serán os produtores executivos.