Stallone regresa coma superheroe

195

O veterán Sylvester Stallone será o protagonista dunha longametraxe de superheroes titulado Samaritan, para a que a MGM ven de se facer cos dereitos após dunha dura poxa con moitos pretendentes.

O produtor executivo será Bragi F. Schut (Escape Room), asemade autor do concepto orixinal, que seica é unha versión nova e algo mais sinistra do xénero de superheroes. Non é moito o que se sabe do argumento, pero seica a história céntra-se nun rapaz que descobre que un superheroe, ao que se consideraba perdido após de desaparecer hai vinte anos após dunha batalla, podería estar aínda vivo.

A Balboa Productions, creada por Stallone o pasado mes de maio, e mais Braden Aftergood, producirán e desenvolverán o proxecto xunto á Metro.