Os Gremlins en debuxos animados

560

A Warner tamén está a preparar un servizo de streaming de seu, e unha das primeiras novidades que se anúncian a partir de 2020 é unha série de debuxos animados baseada na franquía dos Gremlins.

A série terá coma protagonista ao señor Wing, o persoaxe ao que daba vida o actor chinés Keye Luke nas películas, pero cando era novo e viviu moitas aventuras co amigábel Mogwai Gizmo.

A Warner Bros. Television e mais a Amblin Television producirán a série, que contará con Tze Chun (Gotham) coma guionista e produtor executivo. A primeira película da franquía, Gremlins, estreou-se en 1984 e cun orzamento inicial de 11 millóns de dólares recadou 153 en todo o mundo.