O musculoso Yahya Abdul-Mateen II, a quen recentemente puidemos ver no papel do superfalcatruán Black Manta no filme Aquaman, será o protagonista principal da nova versión de Candyman que están a proxectar a MGM e mais a Universal Pictures.
O novo filme, que reiniciará a franquía, será unha “secuela espiritual” do orixinal de 1992 e regresará a unha parte xentrificada de Chicago onde estiveron hai tempo as casas do proxecto de vivendas sociais Cabrini-Green. Nos anos 40 o área chegou albergar a mais de 15.000 persoas, pero hoxe só sobreviven uns poucos apartamentos.
O filme orixinal estaba protagonizado por Virginia Madsen no papel dunha estudante de graduada social que estaba a explorar a lenda do Candyman mentres escribía unha tese sobre as lendas urbás.
Nia DaCosta (Little Woods) será a directora desta nova versión, que conta con Jordan Peele e Win Rosenfeld coma produtores por médio da súa compañía, a Monkeypaw Productions. A rodaxe comezará en primavera e a data de estrea prevista é o 12 de xuño de 2020.