A CBS All Access anunciou onte a renovación por unha tempada mais da súa série estrela, Star Trek: Discovery. Ademais, deron a coñecer que Michelle Paradise será a nova showrunner xunto a Alex Kurtzman. A renovación chega xusto no médio da actual tempada, a segunda, cuxos 14 episódios rematarán en abril. A terceira tempada emitirá-se ao longo de 2020 e estará dispoñíbel en todo o mundo a través da Netflix.