Superboy úne-se aos Titáns

91

Joshua OrpinA DC Entertainment ven de contratar ao australián Joshua Orpin para o papel de Superboy na vindeira segunda tempada de Titans. Na série, esta versión de Superboy será o angustiado adolescente Conner Kent, que está á procura dun propósito na vida e quere descubrir a verdade sobre o seu pasado. A nova tempada aparecerá a finais de 2019 ou comezos de 2020. Agárda-se que ademais a série presente á nova versión do chucho “Krypto”.