Un pouco antes da súa estrea prevista para o 31 de maio, o vindeiro filme Godzilla: King of the Monsters vai contar cun cómic de seu, un tomo de 112 páxinas que servirá coma precuela da história que veremos no cinema e que presentará-nos ao novo monstro contra o que se debeu enfrontar Godzilla no tempo que vai entre o filme anterior e o novo.
Co título de Godzilla: Aftershock, o cómic narrará coma a doutora Emma Russell (Vera Farmiga no cinema) lidera unha misión organizada pola Monarch para evitar que unha traxédia de proporcións apocalípticas que chega dende un pasado moi remoto mude o decurso da história humán para sempre.
Unha figura sombría axexará cada movemento da doutora Russell mentres viaxa polo mundo para descobrir segredos e Godzilla loita contra un inimigo tan antigo coma o planeta. Pero para sabermos quen é este inimigo deberemos lér o cómic.
A novela gráfica conta cun guión de Arvid Nelson e será considerada oficialmente coma canónica dentro do Monsterverse, o universo fictício que engloba a todos os monstros da Universal e que comezou co relanzamento da franquía de Godzilla en 2014, continuou co filme de 2017 Kong: Skull Island e seica rematará o ano que ven con Godzilla vs. Kong.