The Flash estrea guionista e produtor

O guionista e mais o director de Spider-Man: Homecoming, John Francis Daley e Jonathan Goldstein, son os novos responsábeis de sacar adiante o proxecto do filme de The Flash que a Warner Bros. Pictures e mais a DC Films levan tentando realizar dende hai un ano.

A parella deberá agora escribir un novo guión e facer-se cargo do anterior boceto (que era unha adaptación do clásico Flashpoint de Joby Harold). Até que punto deberán modificar o que xa está escrito é algo que eles mesmos haberán que decidir.

Ademais, o veterán executivo da New Line Michael Disco entra no proxecto por médio da súa compañía produtora, a The Disco Factory.

A pasada semana, o xefe da Warners Kevin Tsujihara confirmou nunha entrevista qze os estudos queren sacar adiante unha estratéxia de filmes autoconclusivos para o futuro próximo: “O universo non está tan conectado coma coidabamos hai cinco anos. Ides ver mais foco nas experiéncias individuais de persoaxes individuais. Iso non sinifica que non vaiamos regresar nalgún intre á noción dun universo mais conectado. Pero seica esa é a estratéxia para nós arestora“.

Polo de agora, The Flash non ten datas nin de comezo da produción nin moito menos de estrea, pero Ezra Miller continúa vencellado ao papel do protagonista, Barry Allen.