Carrie Coon (Avengers: Infinity War, The Leftovers) e mais Finn Wolfhard (IT, Stranger Things) están entre os candidatos a se facer cos papéis principáis da nova película dos Ghostbusters que dirixirá Jason Reitman para a Sony Pictures.
O argumento desta secuela continuará a história das dúas primeiras entregas, ignorando á mais recente, e seica estará centrada ao redor dunha nai solteira e mais a súa família, con Coon no papel da nai e Wolfhard coma o seu fillo. Os actores que interpretarán ao resto dos membros da família ainda están por seleccionar.
O proxecto non gardará relación co relanzamento de 2016, e ainda que esta decisión está a erguer moita controvérsia entre os fans, tanto o director Paul Feig coma a actriz Melissa McCarthy déron-lle a súa benzón á versión de Reitman.
Reitman dirixe o filme a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Gil Kenan, mentres que Ivan Reitman será o produtor. A rodaxe comezará este verán a e data de estrea será o 10 de xullo de 2020.