A Universal Pictures ven de se pór en contacto con Elisabeth Moss (Mad Men, The Handmaid’s Tale) para saber a súa dispoñibilidade cara a protagonizar The Invisible Man, a nova versión da clásica novela de ciéncia-ficción de H.G. Wells que dirixirá Leigh Whannell.
O papel ía ser nun princípio para Johnny Depp, pero após dos seus problemas legáis coa súa ex-muller, que deterioraron sériamente a súa imaxe nos últimos tempos, os estudos decediron non contar mais con el e procurar un novo xiro ao argumento, dándo-lle o papel protagonista a unha actriz.
En todo caso, os detalles sobre o argumento nesta nova versión aínda están por coñecer. A Universal quere de todas maneiras dar-lle un xiro á súa recente estratéxia de interconectar aos seus monstros clásicos (o “Dark Universe”) e facer no seu lugar filmes independentes con orzamentos mais modestos que permitan que os directores dean renda solta á súa creatividade e a visións mais particulares.
Whannell é asemade o co-produtor do proxecto.