Rebecca Hall (Iron Man 3) será a protagonista, no papel dunha talentosa física, da nova série de ciéncia-ficción da Amazon e a Fox 21 Television Studios, Tales from the Loop.
Baseada no libro (e posteriormente tamén xogo de rol) do artista sueco Simon Stålenhag, a série terá oito episódios e explorará unha vila e aos seus habitantes que viven sobre “O Círculo” (o Loop en inglés), unha máquina construída co obxectivo de desentranar e explorar os mistérios do universo, e que fai posíbeis cousas que se coidaba que eran só do eido da ciéncia-ficción.
Nesta vila misteriosa e fantástica cóntan-se agoniantes relatos humáns. O director de Dawn of the Planet of the Apes, Matt Reeves, será o produtor executivo xunto a Nathaniel Halpern, Adam Kassan e Rafi Crohn. Mark Romanek dirixirá o episódio piloto.