“Edge of Tomorrow 2” segue adiante

Após do anúncio de que as dúas vindeiras entregas da franquía de Mission: Impossible van-se rodar conxuntamente, semellaba posíbel o adiamento da agardada secuelada de Edge of Tomorrow, o filme de ciéncia-ficción protagonizado por Tom Cruise en 2014.

Nombergantes, a Warner Bros. Pictures quere pór en marcha a produción da devandita secuela canto antes e veñen de contratar a Matthew Robinson (The Invention of Lying) para que escriba o guión. Agárda-se o regreso dos protagonistas da primeira parte, Cruise e Emily Blunt, e mais do director Doug Liman.

O filme orixinal contou con Christopher McQuarrie coma co-guionista. De feito, en anteriores novas, semellaba que McQuarrie ía axudar no desenvolvemento desta secuela, pero os seus actuais compromisos coa sétima e oitava parte de Mission: Impossible fan polo de agora imposíbel a súa participación.

Cruise protagonizou o primeiro filme, no papel dun responsábel de relacións públicas do Exército que se atopaba sen quere-lo no médio dunha invasión alieníxena e que morre nada mais comezar. Pero após de morrer, volve comezar o día unha e outra vez. Finalmente decáta-se de que hai un elemento común que seica tamén sabe que el é aparentemente inmortal, a heroína de guerra Rita (Blunt), polo que tentará convence-la de que se una á súa causa.

A longametraxe orixinal recadou 370 millóns de dólares en todo o mundo cun orzamento de 178, polo que á penas deu benefícios. Nombergantes, as críticas foron moi positivas e a súa popularidade foi aumentando cos anos, o que posibilitou o proxecto desta segunda parte.