O Álien Residente, a escena

Alan Tudyk será o protagonista principal dunha nova série de televisión que adaptará en estilo de comédia os cómics da editorial Dark Horse Resident Alien para a canle Syfy, a Universal Content Productions e a Amblin TV.

Peter Hogan e Steve Parkhouse crearon os cómics orixinais, unha história rebiricada sobre un álien chamado Harry quen após de se estrelar no noso planeta, adouta a identidade dun médico nunha pequena vila de Colorado, e alí terá que se enfrontar ao dilema moral de cumprir coa súa misión secreta na Terra ou se decatar do verdadeiro valor da humanidade.

Sara Tomko, Corey Reynolds, Alice Wetterlund e Levi Fiehler son os outros protagonistas. A rodaxe comezará en Vancouver este verán e contará con David Dobkin, Chris Sheridan, Mike Richardson, Keith Goldberg, Justin Falvey e Darryl Frank coma produtores executivos. Dobkin será o director.