Santiago Cabrera, na nova série de Picard

O protagonista da recentemente cancelada Salvation, o actor Santiago Cabrera, e mais a actriz de Blindspot e Ash Vs. Evil Dead Michelle Hurd serán as principais estrelas que xunto a Patrick Stewart conformen o reparto da vindeira série da saga de Star Trek na canle CBS All Access, que polo de agora continúa sen ter un título, pero que narrará as aventuras do ex-capitán da nave Enterprise Jean-Luc Picard.

Stewart repite o emblemático papel que lle deu a fama após de sete tempadas en Star Trek: Next Generation e as catro longametraxes posteriores. Cabrera interpretará a Lawrence, un experto ladrón cunha moral dubidosa que axuda a Picard coma o seu piloto para unha misión. Seica Cabrera tiña moitas ofertas para protagonizar episódios doutras séries, pero rexeitou-nas todas para poder participar neste papel.

Pola súa banda, Hurd será Alana, unha antiga oficial analista de intelixéncia cuxas habilidades continúan intactas mália o abuso que fai dalgunhas substáncias. Alex Kurtzman, James Duff, Akiva Goldsman, Stewart, Michael Chabon, Heather Kadin, Rod Roddenberry e Trevor Roth serán os produtores executivos.