Dev Patel contra o Cabaleiro Verde

O actor inglés Dev Patel está a negociar a súa participación coma protagonista no papel de Sir Gawain en Green Knight, o vindeiro filme do realizador David Lowery (A Ghost Story) para a A24.

A longametraxe será unha fantasía épica baseada no romance de cabalerías anónimo de finais do século XIV Sir Gawain e o Cabaleiro Verde (Sir Gawayn and þe Grene Knyȝt), e nela Patel fará o papel de Sir Gawain, o cabaleiro da Mesa Redonda do rei Artur que acepta o desafío de decapitar ao Cabaleiro Verde, após do cal deberá agardar un ano e un día a recebir o golpe de resposta.

O poema orixinal é ún dos mais famosos das lendas artúricas e foi adaptado a libros, cinema, televisión, teatro e mesmo dúas óperas. A versión con mais sona é porén o filme de 1984 Sword of the Valiant protagonizado por Miles O’Keeffe e Sean Connery.

Lowery, Toby Halbrooks, James M. Johnston, Tim Headington e Theresa Steele Page serán os produtores. A rodaxe dará comezo xa o mes que ven.