Adrienne Barbeau regresa ao Pantano

1274

A lendária estrela dos anos 80 Adrienne Barbeau, que fora a coprotagonista do filme Swamp Thing de Wes Craven en 1982, regresará para a série de televisión que a DC Comics prepara co mesmo persoaxe.

Barbeau revelou as novas nun chío no que confirma que aparecerá na série producida por James Wan e que coa novidade dunha calificación para maiores de 18 anos será a terceira orixinal da nova empresa de transmisión de dados da DC, a DC Universe, após de Titans e Doom Patrol. Polo de agora non se sabe o papel que terá nin se será demasiado salientábel.

O que si se coñece da série é que estará baseada sobre todo na versión dos cómics de Alan Moore, e polo tanto terá coma protagonista á investigadora da CDC Abby Arcane (Crystal Reed) que regresa ao seu lar en Houma, Louisiana, para investigar un virus mortal que vive nos pantanos. Alí desenvolverá unha amizade co científico Alec Holland (Andy Bean) pouco antes de que este sexa tráxicamente asasinado.

Nombergantes, as misteriosas propriedades do pantano farán revivir ao doutor Holland, esta vez convertido nun monstro co que Abby compartirá segredos, algúns horríbeis e outros marabillosos.

Jennifer Beals, Virginia Madsen, Ian Ziering, Will Patton, Derek Mears, Kevin Durand, Henderson Wade, Jeryl Prescott e Maria Sten conforman o elenco de actores que darán vida aos protagonistas da série, que conta con guións de Mark Verheiden (Ash vs. Evil Dead) e Gary Dauberman (IT). A estrea producirá-se este mesmo verán.