A Terra, o porto espacial

654

A Skybound Entertainment e mais a Amazon Studios están a desenvolver unha série que adaptará Port of Earth á pequena pantalla. A franquía está baseada nos cómics da Top Cow Productions e a Image Comics orixinais de Zack Kaplan e Andrea Mutti e que apareceron a partir de 2017. Polo de agora lévan-se editados ou están xa anunciados dez números.

Esta saga de ciéncia-ficción narra a história dunha alianza alieníxena chamada O Consórcio que chega á Terra cunha proposta de negócios: abrir a Terra coma porto espacial para os seus clientes e recibir grandes avances tecnolóxicos a cámbio.

Pero cando algúns áliens rebeldes creben as restricións do Porto e causen o caos en distintas cidades, as condicións do acordo comezan a mudar. Será cousa dos axentes de seguridade da Terra detér aos áliens e envia-los de volta ao Porto. Co Consórcio, que representa a milleiros de planetas, a série profundiza en temas políticos, de ocupación, explotación, espionaxe, traizóns, tecnoloxía e influéncias.

Marc Silvestri e Matt Hawkins serán os produtores executivos.