A Amblin Partners ven de se facer cos dereitos para todo o mundo para levar ao cinema The Mother Code, a vindeira novela de ciéncia-ficción da bioquímica Carole Stivers.
A história está ambientada nun mundo onde un arma biolóxica case destrúe o planeta, obrigando aos científicos e aos governos e traballar para salvar á raza humana e poñendo aos nenos por nacer ao coidado de robots nai dotados con intelixéncia artificial. Pero cando o governo decida que as máquinas deben ser destruídas, un neno que foi criado e educado por un robot terá que loitar para salvar ao único pai que coñeceu.
Amy Louise Johnson (Nightflyers) escribirá a adaptación e Steven Spielberg será o produtor executivo.