Os Bandidos do Tempo chegan á tele

O realizador novacelandés Taika Waititi (Thor: Ragnarok) será o co-guionista e director do episódio piloto dunha série que adaptará á televisión a clásica longametraxe fantástica de 1981 de Terry Gilliam Time Bandits.

Anonymous Content, Paramount Television e Media Rights Capital están a desenvolver esta nova série, que probábelmente irá sobre a história que contaba a película, sobre as aventuras de viaxes polo tempo dun rapaz de once anos que se atopaba a seis ananos no seu armário.

Os ananos son ex-traballadores do Ser Supremo que roubaron un mapa que representa todos os buratos no tecido do espazo-tempo. Xunto co neno, o grupo usará o mapa para chimpar dunha era a outra, roubando riquezas e atopando vários persoaxes históricos. Ao mesmo tempo, Maldade, o inimigo e arquirrival do Ser Supremo, tentará facer-se co mapa para poder refacer o universo ao seu antollo.

Gilliam, Waititi e Dan Halsted serán os produtores executivos.