Os que pasaría se… da Marvel

642

A Marvel Studios continúa a aumentar as ofertas que lle fornecerán de contido ao novo servizo de transmisión de dados Disney+ e unha destas novidades seica será unha série antolóxica de debuxos animados baseada na súa popular saga de cómics “What If“.

Kevin Feige e a Marvel Studios supervisarán a série que non é canon no Universo Marvel e que tampouco o será polo tanto no seu universo cinemático. Igual ca nos cómics, as histórias explorarán como sería o mundo dos cómics da Marvel se nalgún intre da súa história algunha cousa concreta acontecera dun xeito diferente.

Un dos episódios por exemplo narrará como sería o mundo se Loki fora quen atopou o Martelo de Thor. E así cada episódio tentará responder a unha pregunta que comeza coa pregunta “O que acontecería se…?” cun escenário que rebire un pouco o canon da Marvel.

Polo de agora está aberta a posibilidade de que as voces dos actores que dan vida aos superheroes e persoaxes no cinema tamén aparezan nesta nova série, sempre que eles acepten e o argumento lles dea pé a ser amosados nos mundos alternativos, dado que isto non lles comprometería demasiado tempo dentro das súas obrigas para coa pantalla grande.