Mike Barker dirixe o Talismán de King

Mike Barker (The Handmaid’s Tale) será o director da adaptación ao cinema da clásica novela fantástica de Stephen King e Peter Straub de 1984 The Talisman para a Amblin Partners e a The Kennedy/Marshall Company.

A história orixinal da novela ía sobre Jack, un neno de 12 anos que comeza a busca dun talismán máxico que podería salvar-lle a vida á súa nai moribunda. Pero para acadar o seu obxectivo, Jack deberá non só cruzar todos os Estados Unidos senón face-lo a través dun tenebroso e ameazador mundo paralelo coñecido coma “Os Territórios”.

Nas anteriores novas sobre este proxecto, Josh Boone (The New Mutants) estaba a escribir o guión, pero agora seica Chris Sparling (Buried) é o novo encargado desta tarefa. Frank Marshall será o produtor.

O proxecto é tan só ún dos catro que na actualidade están a se desenvolver para o cinema baseados en obras orixinais de Stephen King. Os outros son Pet Sematary, In the Tall Grass, IT: Chapter Two e mais Doctor Sleep. A canle HBO pola súa banda continúa a traballar na versión para a tele de The Outsider.