O xogo de rol Dragon’s Dogma, na tele

112

A Netflix vai producir unha nova série de anime baseada no xogo de rol Dragon’s Dogma que fará en asociación coa Sublimation, Inc.

A história vai sobre a viaxe dun home que procura vinganza contra un dragón que lle roubou o corazón. No seu camiño polo mundo fantástico de Gransys, o home é devolto á vida e convertido nun resucitado (Arisen, no orixinal) mentres é perseguido polos sete demos que representan aos sete pecados capitáis.

A série utilizará un novidoso sistema de animación con sombreado chan que incorpora texturas debuxadas a man e que seica lle darán ao conxunto unha fasquía de debuxos realizados a man. Polo de agora o proxecto non conta con data de estrea.

O xogo orixinal foi creado pola Capcom en 2012 para a PlayStation, e dende aquela foi portado a outras plataformas, consolas e Windows. Após do éxito de vendas (mais dun millón de unidades en todo o mundo), a Capcom anunciou unha secuela. Unha versión estendida, chamada Dragon’s Dogma: Dark Arisen, apareceu en 2016.

Ademáis das que xa ten en pantalla, a Netflix está arestora a traballar noutras cinco séries de anime: Ghost in the Shell: SAC _2045, Altered Carbon: Resleeved, Vampire in the Garden, Super Crooks e SPRIGGAN.