Shang-Chi, o novo heroe da Marvel

Destin Daniel Cretton, o que fora responsábel da curtometraxe Short Term 12, ven de ser encargado co posto de director para o filme Shang-Chi pola Marvel Studios.

Ainda que non sabemos ren da película, o cómic si que é ben coñecido e é básicamente unha continuación da série dos anos 70 Kung Fu. O seu argumento xira ao redor dun mestre das artes marciáis que obtén o poder de crear unha cantidade infinita de réplicas de si mesmo.

O persoaxe foi membro dos Vingadores e do grupo Heroes de Aluguer, neste caso canda as Fillas do Dragón, outras mestras do kung-fú coma el.

O chinés-americano Dave Callaham (Wonder Woman 1984) escribirá o guión e tentará pór ao día ao persoaxe para que encaixe cos espectadores dos nosos tempos. A Marvel seica quere formar unha equipa de profesionáis asiático-americanos para o reparto deste filme.

Cretton, que se fixo co posto superando a outros candidatos coma Justin Tipping, Alan Yang e Deborah Chow, está a rodar un filme con Brie Larson e Michael B. Jordan.