A Netflix encargou oito episódios dunha nova série de anime que estará baseada na mitoloxía grega: Gods & Heroes.
Charley e Vlas Parlapanides (Immortals, Death Note) crearon a série, que vai sobre un fillo ilexítimo de Zeus, un home encargado de salvar ao ceo e á terra mália a interferéncia dunha vingativa deusa e das súas monstrosas forzas.
Para os papéis principáis foron contratados Jason O’Mara, Mamie Gummer, Chris Diamantopoulos, Derek Phillips, Jessica Henwick, Melina Kanakaredes, Claudia Christian e Elias Toufexis, que emprestarán as súas voces ao persoaxes.
Os irmáns Parlapanides serán os guionistas e produtores executivos. A compañía Powerhouse Animation (a responsébel de Castlevania) desenvolverá a animación e mais a creación.