Wayward Children, mais de nenos meigos

A Syfy e mais a Legendary TV veñen de se facer cos dereitos para levar á televisión Wayward Children, a saga de catro libros do escritor Seanan McGuire, que Joe Tracz (A Series of Unfortunate Events) encargará-se de adaptar.

A cuatriloxía vai sobre un misterioso internado para estudantes que regresaron de viaxes a mundos máxicos onde foron monstros ou heroes e agora deben readaptar-se a ser de novo nenos normais.

Todos eles están a procurar algún xeito de regresaren aos seus mundos defantasía, pero cando os estudantes comezan a aparecer mortos, os que fican deberán xuntar-se para atraparen ao asasino, por medo a non poderen volver a casa nunca mais.

A série de McGuire gañou os prémios Alex e Hugo en 2017 e xa está nas súas primeiras fases de desenvolvemento na canle Syfy.