Nicolas Cage, heroe do Jiu Jitsu

784

Xusto despois do remate doutro proxecto de ciéncia-ficción, o prolífico actor Nicolas Cage chimpa a outro novo, no que será a estrela dun filme de áliens contra heroes de artes marciáis titulado Jiu Jitsu e baseado no cómic do mesmo nome.

O director de Kickboxer: Retaliation, o grego Dimitri Logothetis, será o responsábel desta longametraxe, ambientada nun mundo onde cada seis anos, unha antiga orde de expertos loitadores de jiu-jitsu debe enfrontar-se a un temíbel invasor extraterrestre nunha batalla polo domínio da Terra. Durante milleiros de anos, os protectores da Terra loitaron seguindo as regras… até agora.

Alain Moussi interpretará a Jake, un heroe de guerra e mestre de jiu-jitsu que rexeita loitar contra Brax, o indomábel líder dos invasores, pero deseguido espertará malferido e con amnésia severa. Cage fará o papel de Wylie, membro dunha equipa de compañeiros loitadores de jiu-jitsu que deben axudar a Jake a recuperar a súa memória e a derrotar a Brax. Logothetis e Jim McGrath escribiron o guión.

Cage rematou hai uns días un filme co realizador Richard Stanley, que adapta ao cinema a clásica novela de H.P. Lovecraft The Color Out of Space.