O escritor Josh Malerman ven de confirmar que rematou unha secuela do seu libro post-apocalíptico de 2014 Bird Box e que aparecerá nos andéis das librarías o vindeiro 1 de outubro. O libro é a continuación da obra que serviu coma base á recente longametraxe homónima que Sandra Bullock protagonizou para a Netflix en decembro e que constituiu un enorme éxito.
A novela secuela seica estará centrada no persoaxe de Malorie, a protagonista do primeiro libro e que foi interpretada por Bullock no filme. Malerman dixo que precisamente a película de Susanne Bier foi o que lle decidiu a escribir unha continuación con este persoaxe:
“Eu quería chegar a coñecer a Malorie un pouco millor. Ao remate do filme, dirixín-me á miña moza Allison e dixen, ‘quero saber o que acontece despois!’, e ela dixo ‘vaites, xa sabes, ti pdoes facer que iso aconteza’, así que esta foi unha sensación moi agradábel“.
Trevante Rhodes, Sarah Paulson e John Malkovich coprotagonizaron o filme orixinal, que comeza cando unha misteriosa forza dezma á povoación mundial. Só unha cousa é certa: se os ves, morres. Enfrontada ao descoñecido, unha nai debe fuxir cos seus fillos cos ollos tapados cunha venda nunha viaxe por un traizoeiro río cara a un santuário que pode ou non pode existir.