O realizador responsábel de Kung: Skull Island, Jordan Vogt-Roberts, e mais o actor e produtor Michael B. Jordan van unir as súas forzas para realizaren unha película de monstros ambientada en Detroit para a New Regency e a Outlier Society.
Ambos atópan-se arestora á procura dun guionista e queren manter en segredo os detalles do argumento, pero Vogt-Roberts dirixirá e Jordan será o produtor. Ainda non está claro se o mesmo Jordan sería asemade o protagonista. A rodaxe terá lugar nas rúas de Detroit e ao redor de Michigan, mesmo ainda que o Estado rematou cos incentivos fiscáis para as rodaxes hai un par de anos.
O filme de King Kong de Vogt-Roberts foi o segundo dos catro que compoñen o “MonsterVerse”, e nunha entrevista o director dixo que se sentíu algo celoso e inspirado polas cousas que os seus sucesores estaban a facer, polo que se decediu a crear un universo de seu. Antes, deberá rematar o su traballo na adaptación ao cinema do videoxogo Metal Gear Solid na Sony Pictures.