Idris Elba será ún dos vindeiros protagonistas de Mouse Guard, a adaptación ao cinema que fai Wes Ball do popular cómic da Boom! Studios. Elba úne-se asemade a un elenco de actores no que xa figuran Andy Serkis e Thomas Brodie-Sangster.
A história está baseada nas novelas gráficas gañadoras do prémio Eisner orixinais de David Petersen, e vai sobre unha irmandade de ratos durante os tempos medieváis que se xuramentan para defenderen aos seus compañeiros roedores.
Elba será Celanawe, unha figura semellante a Obi-Wan Kenobi, que foi un lendário campión hai moito tempo e que estaba desaparecido.
O plan é facer un filme que misture acción real con gráficos xerados por computadora (semellante á franquía de The Smurfs), pero utilizarán tamén algunhas das técnicas de captura de movementos dos que xa puidemos ver abondosos exemplos na saga de Planet of the Apes, para facer aos ratos coa axuda da WETA Workshop, a compañía de efectos especiais fundada por Peter Jackson.
Gary Whitta (Rogue One: A Star Wars Story) adaptou o guión para a pantalla grande e o director da franquía dos símios, Matt Reeves, será o produtor xunto a Ross Richie e Stephen Christy.