Angelina Jolie cos Eternos da Marvel

659

A gañadora do Oscar Angelina Jolie está a negociar coa Marvel Studios e a Disney Pictures para se unir ao reparto de The Eternals, a adaptación ao cinema do cómic orixinal de Jack Kirby que dirixirá a chinesa Chloe Zhao (The Rider).

Matthew e Ryan Firpo escribiron o guión, que está baseado nos persoaxes creados por Kirby a mediados dos anos 70. Nos cómics, unha raza alieníxena chamada os Celestiáis visita a Terra hai cinco millóns de anos e leva a cabo experimentos xenéticos con formas de vida primitivas, abrindo a posibilidade de obtér super-poderes grazas ás mutacións. Deste xeito nacen os Eternos e mais os Deviants. Os dous se converten en inimigos xurados a partir dese momento.

No filme seica a história estará enfocada en Sersi, un membro da cuarta xeración do grupo, nado durante a Era Hibórea, un periodo de tempo creado por Robert E. Howard na súa mitoloxía de Conan. Sersi é capaz de dominar a enerxía cósmica, o que lle fornece de inmortalidade, invulnerabilidade e manipulación molecular.

Aínda non está claro que papel interpretaría Angelina Jolie, e a Disney non quixo facer comentários ao respeito. En todo caso, as respostas ás grandes preguntas sobre o futuro do Universo Expandido da Marvel terán que agardar á estrea de Avengers: Endgame o vindeiro 26 de abril.