A Legendary Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o aclamado título de acción e terror da Image Comics Bitter Root.
Ambientada en 1924 no decurso do animado Rexurdimento de Harlem, unha família de antigos grandes cazadores deberá protexer a New York City dunha invasión de humáns convertidos en horríbeis monstros por unha forza sobrenatural e que se alimentan de prexuízos, rancor e intoleráncia.
Os poucos supervivintes da família Sangery están desanimados e divididos polas súas tácticas normalmente compasivas, e deben sobrepoñer-se ás feridas do seu pasado para poderen ter algunha esperanza de vencer á invasión.
Sean Owolo, David F. Walker, Sanford Greene e Chuck Brown serán os produtores executivos.