En marcha o remake de “The Craft”

A actriz e realizadora Zoe Lister-Jones substituirá a Leigh Janiak na cadeira de director no vindeiro relanzamento de The Craft que leva moito tempo en desenvolvemento pola Sony Pictures.

Neve Campbell, Robin Tunney, Fairuza Balk e Rachel True protagonizaran en 1996 un filme sobre un cuarteto de rapazas adolescentes que se aventuran na máxia negra e rematan por sofrir as consecuéncias.

A Blumhouse Productions entrou a bordo deste proxecto coma produtora e Lister-Jones encargará-se asemade de escribir a adaptación. Jason Blum, Douglas Wick e Lucy Fisher serán os produtores.