Mark Hamill, a nova voz de Chucky

494

Mark Hamill será a nova voz de Chucky no vindeiro relanzamento da franquía do boneco diabólico que está a preparar a Orion Films.

Hamill deu a coñecer as novas no decurso dunha presentación gravada que a Orion fixo na recente WonderCon en Anaheim, Califórnia. Deste xeito toma o posto que fixo famoso a Brad Dourif en todos os filmes da franquía rodados até agora.

Inda que é un actor de voz moi recoñecido dende hai mais de vinte anos, o papel mais salientábel de Hamill coma dobrador é o do Joker nas séries de debuxos animados, filmes e videoxogos da saga de Batman. Ademais lle forneceu de voz a moitos filmes da Marvel, a Studio Ghibli, ás séries The Simpsons e Robot Chicken, e moitos mais videoxogos.

Neste caso, a história vai sobre unha nai (Aubrey Plaza) que lle dá ao seu fillo (Gabriel Bateman) un boneco polo seu aniversário, sen saber da súa natureza sinistra. Brian Tyree Henry, Beatrice Kitsos, Ty Consiglio e Carlease Burke son os outros protagonistas deste remake que tentará mudar os elementos sobrenaturais (un boneco posuído) polos tecnolóxicos (un boneco que é un robot asasino).