McKenna Grace protagonizará Ghostbusters 3

802

A actriz de 12 anos Mckenna Grace, que interpreta á xoven Carol Danvers no filme Captain Marvel, está a negociar a súa participación na nova película de Jason Reitman, a aventura sobrenatural Ghostbusters 3 da Sony Pictures.

O proxecto será unha secuela dos filmes orixinais dos anos 80 de Ivan Reitman, pai de Jason. Reitman e Gil Kenan escribiron o guión, que se centra nunha família en particular.

Finn Wolfhard (Stranger Things) será o irmán de Grace e Carrie Coon (The Leftovers) será a súa nai solteira. O proxecto, que leva por título de traballo “Rust City”, ten previsto comezar a rodaxe este verán e a data de estrea será o 1 0de xullo de 2020.