Anna Klassen, unha ex-xornalista da prensa rosa e guionista de When Lightning Strikes, é a nova encargada de reescribir o libreto de Dorothy and Alice para a Netflix. Justin Merz (Rose Red) escribiu o guión orixinal.
A história vai sobre a fantástica amizade entre dous dos persoaxes mais emblemáticos da literatura, Dorothy Gale de The Wizard of Oz, e Alice, a protagonista de Alice in Wonderland.
Inicialmente o proxecto ía ser o comezo dunha franquía, na que Dorothy e Alice, perseguidas polos pesadelos da destrución de Oz e mais o País das Marabillas, unen as súas forzas nunha perigosa tarefa, a de salvaren todos os mundos, tanto os reáis coma os imaxinários.
Klassen foi contratada para facer un cámbio drástico ao proxecto, que agora irá noutra dirección. Bryan Unkeless será o produtor desta épica aventura fantástica a través da súa compañía, a Clubhouse Pictures.