Del Toro fala do Hobbit

945

Continúan chegando a pingas os dados sobre O Hobbit, a adaptación cinematográfica da novela homónima de J.R.R. Tolkien que dirixirá Guillermo del Toro e producirá Peter Jackson, realizador da triloxía do Señor dos Anéis.

O director mexicano foi esta vez o encargado de adiantar información sobre o seu cobizoso proxecto. Foi nun encontro dixital durante un acto promocional de Hellboy II, no que Del Toro afirmou que a rodaxe da película escomezará en 2010, e que se prolongará durante algo mais dun ano, o que supón que será tres ou catro veces mais longo có acostumado nunha película normal.

Del Toro recoñeceu que confía en poder contar con vários dos seus colaboradores habituais, e explicou que as criaturas fantásticas que povoan o libro serán recreadas mediante animatronics e efectos dixitais. As palabras do director fan supoñer que a animación por computador non terá tanta presenza coma nas tres entregas de O Señor dos Anéis.

O mexicano sabe que o reto é cobizoso: “O desafío é crear e expandir un universo masivo, introducíndo-nos nel como o facían as películas da triloxía de Jackson. Queremos achegar-nos ao libro de Tolkien cunha mistura de reveréncia, entusiasmo e fantasía“.