Winona Ryder, John Turturro, Anthony Boyle, Zoe Kazan, Morgan Spector, Caleb Malis e mais Azhy Robertson son os actores que formarán o elenco de Plot Against America, unha nova minisérie da HBO orixinal de David Simon (o creador de The Wire).
Baseada na novela supervendas de Philip Roth publicada en 2004, a série contará con seis episódios que imaxinan unha história aleternativa para os Estados Unidos, nos que o heroe da aviación e coñecido nazi Charles Lindbergh accede á presidéncia do país, todo elo contado baixo o prisma dunha família xudía de clase traballadora en New Jersey.
Simon, Ed Burns, Joe Roth, Nina K. Noble, Megan Ellison, Sue Naegle, Susan Goldberg e Jeff Kirschenbaum serán os produtores executivos.