Unha nova série de superheroes da Marvel úne-se ao vindeiro servizo de streaming da Disney+. Hawkeye (interpretado nos filmes por Jeremy Renner) terá unha série de seu, que o mesmo actor protagonizará nun primeiro intre, se ben lle cederá o facho axiña a Kate Bishop, o persoaxe que leva o nome de Hawkeye actualmente nos cómics. A série contará nun princípio con 6 ou 8 episódios e estará producida pola Marvel Studios e Kevin Feige.