O rato que supervitaminizará as pantallas de cinema

Após de rematar o seu traballo no guión de Meg, Jon e Erich Hoeber son as novas incorporacións ao proxecto de Mighty Mouse que desenvolve a Paramount Animation. Karen Rosenfelt e Robert Cort producirán un filme que seica será un híbrido entre actores reais e debuxos animados.

O persoaxe de Mighty Mouse é un rato hipermusculado creado en 1942 por Paul Terry coma paródia de Superman. A súa primeira aparición nas pantallas de cinema foi nunha curta titulada The Mouse of Tomorrow. Orixinalmente chamába-se Super Mouse, pero após de sete filmes mudou o nome a Mighty Mouse a partir de The Wreck of the Hesperus (1944), cando Terry decatou-se de que xa había outro persoaxe chamado Super Mouse publicado pola Standard Comics.

Co seu característico uniforme amarelo e laranxa, o poderoso roedor fíxo-se moi popular na televisión dos anos 50 e 60 grazas ás súas paródias de óperas que os persoaxes cantaban en escena, e en Galiza, onde é coñecido coma o Superrato, grazas ao seu mensaxe final “non esquezan supervitaminizar-se e supermineralizar-se” dirixido aos nenos. Nos anos 80, entre 1979 e 1987, o director Ralph Bakshi produciu un remake xa sen tanta sona.

Os irmáns Hoeber son os autores dos filmes da saga Red, e entre os seus créditos cónta-se o vindeiro filme My Spy protagonizado por Dave Bautista.