O director de Spiderman atréve-se con Matusalem

A Warner Bros. Pictures está a negociar co director de Spider-Man: Homecoming e Spider-Man: Far From Home, Jon Watts, para que se faga cargo de Methuselah, un proxecto que leva moito tempo en desenvolvemento pero que ven de atopar novos azos grazas ao actor Michael B. Jordan (Erik Killmonger en Black Panther).

Jordan, que producirá o filme por médio da súa compañía Outlier Society, interpretará a un home que leva vivindo mais de catro séculos sen amosar sinais do paso dos anos. Durante ese tempo acumulou un enorme coñecemento intelectual, dende as moitas línguas que fala até a ciéncia, así coma as súas habilidades para a superviéncia.

O plan polo de agora é crear unha franquía co persoaxe, algo semellante á de Highlander. David Heyman e Jeffrey Clifford serán os produtores.

Tony Gilroy escribira o anterior bosquexo do guión, pero nestes intres os produtores queren atopar a alguén novo que entregue unha versión mais fresca.