A Universal deixa Barbarella

851

BarbarellaA Universal Pictures podería ter abandoado o proxecto de Robert Rodriguez de facer o remake do clásico da ciéncia-ficción dos anos 60 Barbarella, á súa vez baseado no persoaxe do cómic francés.

Segundo fontes anónimas, a Universal rexeitou o proxecto porque Rodriguez (Sin City) insistiu en incluir no reparto á súa nova moza, Rose McGowan, e nada menos que no papel protagonista que no seu día fixera Jane Fonda en 1968. Daquela, Fonda tamén fora dixirida polo seu home, Roger Vadim. McGowan xa foi a protagonista doutro filme de Rodriguez, o recente Planet Terror, que é a súa metade do proxecto Grindhouse.

Barbarella, baseado nun cómic francés, vai sobre unha astronauta que viaxa pola galáxia, conquistando todo coas súas dotes coma seductora polo camiño.

Pola súa banda, Rodriguez dixo que os estudos non quixeron facer a película por mor dos cartos que lles ía custar.