A HBO ven de encargar a produción dunha nova série cómica de ciéncia-ficción que falará do turismo espacial e que levará por título Avenue 5. Ao seu cargo estará o creador de éxitos para a televisión coma Veep ou The Death of Stalin, Armando Iannucci.
Ambientada corenta anos no futuro cando o sistema solar sexa o fogar de todo o mundo, a série estará protagonizada por Hugh Laurie no papel do capitán dun cruceiro espacial. Josh Gad, Zach Woods, Nikki Amuka, Rebecca Front, Lenora Crichlow, Suzy Nakamura e Ethan Phillips son os outros actores que configuran o elenco de protagonistas.
Ainda que Laurie é coñecido sobre todo pola súa faceta coma actor cómico e polo seu inesquecíbel Dr. House, no eido da ciéncia-ficción tan só fixera até de agora unha breve incursión no filme Tomorrowland.
Iannucci creou a série, dirixiu o episódio piloto e será o produtor executivo xunto a Kevin Loader, Simon Blackwell, Tony Roche e Will Smith.