Nárnia en problemas

0
224

Corre o rumor de que a proposta terceira entrega das Crónicas de Nárnia producidas pola Disney, The Voyage of the Dawn Treader, podería ser adiada ou mesmo esquecida como resultado da baixa recadación que obtivo a súa predecesora, O Príncipe Caspian, nos despachos de billtes.

Ainda así, a Disney e mais a Walden Media ainda están a preparar a terceira parte desta franquía e o director Michael Apted leva desenvolvendo o proxecto dende que foi contratado en xuño de 2007. Os actores tamén foron xa contratados (O protagonista de Son of Rambow, Will Poulter, interpretará ao curmán de Pevensie, Eustace Scrubb), e tamén os platós están dispostos para que todo escomece a se rodar nos Baja Studios en Rosarito Beach durante os vindeiros catro ou cinco meses a partir de xaneiro.

Pero falla o mais importante: a Disney ainda non deu a súa luz verde para a produción. Dado que os executivos da Disney e da Walden Media están desacougados porque The Voyage of the Dawn Treader puidera recadar mesmo menos có que fixo o Príncipe Caspian, estableceron unha chea de estritas medidas de control de gasto.

Os plans orixinais para rodar Dawn Treader en Malta, Islándia e Praga foron abandoados. Dúas terceiras partes do filme rodarán-se en México, no tanque xigante que James Cameron usara en Titanic.

Seica a Walden Media quere que a Disney aporte a metade dos 140 millóns de dólares que custará a produción. Pero como a Disney está obrigada por contrato a cubrir os custes de todos os anúncios e a publicidade dos filmes de Nárnia, queren que o orzamento se rebaixe até os 100 millóns. Ademais, a data de estrea adiou-se para o ano 2011.