James Wan producirá un filme de Salem’s Lot

697

A parella responsábel da franquía The Conjuring composta polo director e produtor James Wan e polo guionista Gary Dauberman vai volver unir as súas forzas, nesta ocasión para adaptar unha vez mais ao cinema Salem’s Lot, a clásica novela de vampiros do mestre do terror Stephen King, para a New Line.

A novela de 1975 vai sobre un escritor que regresa á súa vila natal para escribir sobre unha mansión abandoada que ven de ser mercada por un home misterioso. Axiña decatará-se de que a xente da vila está a se converter en vampiros, e xunto cun grupo de xente do mais variada tentará evitar que a ameaza continúe a se espallar.

Dauberman (IT, The Nun) escribirá o guión e será o produtor executivo, mentres ca Wan será o produtor xunto a Roy Lee e Mark Wolper. O proxecto polo de agora non ten un director.

A novela fora anteriormente adaptada á televisión dúas veces: a primeira en forma de telefilme en 1979 baixo a dirección de Tobe Hooper, e despois en 2004 nunha minisérie protagonizada por Rob Lowe, pero ningunha das dúas é considerada coma demasiado fiel ao orixinal.