Laura Donnelly e a ciéncia-ficción vitorián

161

A actriz irlandesa de Outlander e Merlin Laura Donnelly ven de se facer cun dos papéis principáis na vindeira série de ciéncia-ficción épica de Joss Whedon The Nevers que emitirá a HBO e que ten coma protagonistas a un grupo de mulleres da era vitorián. O grupo está composto por mulleres con poderes especiáis, inimigos implacábeis e unha misión que podería cambiar o mundo.

Donnelly será Amalia True, descrita coma “a heroína do seu tempo mais temerária, impulsiva e danada emocionalmente. Unha ameaza para a conservadora sociedade vitorián, que podería morrer pola causa e matar por un grolo“.

Whedon será o co-guionista da nova série, na que xa están a bordo os veteráns da sua etapa en Buffy Vampire Slayer Jane Espenson e Doug Petrie coma showrunner e director.