Otto Farrant é o novo Alex Rider

O xoven actor Otto Farrant ven de se facer co papel de Alex Rider, o espía adolescente protagonista da nova série de oito episódios baseada nas novelas de Anthony Horowitz e que producirán a Sony Pictures Television e mais a Eleventh Hour Films.

A história vai sobre un superespía adolescente que se embarca en misións para salvar ao mundo. A franquía de libros vendeu xa por riba dos 19 millóns de exemplares e ten moita sona entre a rapazada. A anterior adaptación ás pantallas fora en 2006 nun filme que protagonizou Alex Pettyfer.

O escritor de novelas de terror Guy Burt será o encargado de escribir o guión da série, que comezará directamente adaptando o segundo libro da saga, Point Blanc. Os capítulos tentarán captar a unha audiéncia un pouco maior da que teñen as novelas, que están dirixidas a nenos de non mais de 14 anos, e se presentará coma unha série dramática para todos os públicos.

Burt, Horowitz, Eve Gutierrez e Jill Green serán os produtores executivos, mentres que o realizador austríaco Andreas Prochaska será o director.