Noah Centineo confirma que é He-Man

984

O xoven actor Noah Centineo, a quen axiña veremos no relanzamento de Charlie’s Angels, ven de confirmar o rumor que o vencellaba dende o mes pasado ao filme de He-Man, que el mesmo protagonizará no papel do musculoso superheroe.

Os guionistas de Iron Man e Men in Black International Art Marcum e Matt Holloway son os autores do libreto que dirixirán os irmáns Adam e Aaron Nee para a Mattel Films e a Sony Pictures, nun novo esforzo por recuperar do esquecemento ao emblemático xoguete dos Masters do Universo e estrela da série de debuxos animados dos anos 80.

A história orixinal vai sobre o príncipe Adam, quen ten o poder de se transformar nun poderoso guerreiro chamado He-Man. Coma He-Man, Adam converterá-se na derradeira esperanza de salvar ao máxico país de Etérnia, desolado pola tecnoloxía e polo malvado Skeletor. DeVon Franklin, Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch producirán o filme, que ten previsto estrear-se en decembro de 2020.