Os Saints Row terán filme de seu

O director da vindeira Men In Black: International, F. Gary Gray, ven de chegar a bordo dun novo proxecto que adaptará ao cinema a popular franquía de videoxogos Saints Row para a Fenix Studios, a Koch Media e a Occupant Entertainment.

Creados e publicados pola Volition/Deep Silver, a saga de catro xogos vai sobre o xurdimento dos Santos da Rúa Terceira mentres loitan contra bandas riváis, furries e mesmo áliens nun intento de conquistar as cidades fitícias de Stilwater e Steelport, para poderen ao cabo converter ao seu líder no Presidente dos Estados Unidos.

Os xogos son abertos, non liñais e misturan acción, aventura e secuéncias de carreiras no que semella unha paródia orientada aos adultos dos xogos do estilo de Grand Theft Auto e van nunha dirección cada vez mais excéntrica a medida que pasa o tempo. Inda continúan a ser unha das franquías de maior sona dos anos mais recentes.

Greg Russo, que está ao mando dos relanzamentos de Resident Evil e Mortal Kombat, será quen escriba o guión desta versión para as pantallas grandes.