Warm Bodies, zombis románticos na tele

696

A Lionsgate ven de pechar un acordo de primeiro lance para o cinema e mais a televisión co realizador Jonathan Levine (All the Boys Love Mandy Lane) e o primeiro proxecto que se aproveitará será unha adaptación para a pequena pantalla do seu filme de zombis de 2013 Warm Bodies.

O filme estaba protagonizado por Nicholas Hoult no papel de R, un zombi que pouco a pouco é quen de recuperar a súa saúde e a súa humanidade para regresar á vida normal. Durante este cámbio de zombi a humán obriga a unha rapaza, interpretada por Teresa Palmer, a ficar con el. O filme está baseado na novela homónima do escritor Isaac Marion.

Cun orzamento de 35 millóns de dólares, recadou mais de 115 en todo o mundo e mesmo acadou algunhas críticas positivas. Rob Corddry, Dave Franco, Analeigh Tipton, Cory Hardrict e John Malkovich foron os outros protagonistas.

A compañía produtora recén creada por Levine, a Megamix, e mais a Lionsgate Television, serán as produtoras da nova série.